31 may 2012

O MUNCYT ABRE AS SÚAS PORTAS

Mañá 1 de xuño abre oficialmente as súas portas o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (Muncyt). Para celebrarlo, a entrada ao museo durante o mes de xuño será de balde. O horario de apertura será de martes a venres de 10.00 a 17.00 horas, e os sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 15.00 horas.
Cabina do Boeing 747 que trouxo o Guernica de Picasso a España. Adquirido en 2009.

FESTA VOZ NATURA

Voz Natura celebrará a súa tradicional festa fin de  curso o sábado 2 de xuño, a partir das once da mañá, no parque deportivo de Acea de Ama, en Culleredo (A Coruña). Está invitado todo o mundo que queira asistir, con entrada libre e participaciòn gratuíta en todas as actividades.
Máis información premendo a imaxe.

29 may 2012

REMATAMOS!!!

A partir da proposta do equipo de dinamización da convivencia e despois de dous cursos colaborando entre todo o profesorado e o alumnado do CEIP de Curtis, xa temos o túnel decorado coas nosos debuxos. Non parece o mesmo!! Grazas a todos e todas !!

ASÍ SE FIXO.


28 may 2012

MAIO - MES DAS FAMILIAS

Comezamos a semana pasada cunha actividade de pintura que preparou a nai de Aitor de 5 anos. Resultaron ser uns debuxos máxicos. QUE BONITOS QUEDARON!!

E rematamos o venres coa nai de Antía de 3 anos  que é monitora de tempo libre. Organizounos uns xogos moi divertidos e ensinounos unhas cancións preciosas. QUE BEN O PASAMOS!!.
Moitas grazas ás dúas.

26 may 2012

CONFERENCIA EMILIO CALATAYUD

Hoxe asistimos en Bergondo a unha magnifica conferencia do coñecido xuíz de menores andaluz Emilio Calatayud. Nela relatou a súa visión da problemática familiar, social, ... cos menores e expuxo as sancións que utiliza habitualmente no seu xulgado.
Para os que non puideron asistir deixamos este vídeo doutra conferencia realizada en Andalucía.
Moi interesante o decálogo para formar un delincuente.

24 may 2012

QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA

A festa das flores de Curtis que se vai celebrar esta fin se semana vaivos ter moi ocupados/as á maioría, pero para os/as que desexen algo máis tranquilo recomendamos:
- As actividades de LUCUS CULTURAL que comezan este sábado para quentar motores para o ARDE LUCUS.
- O concerto en familia do Festival Mozart da Coruña: Romeo e Xulieta. Sábado 26 no Pazo da Ópera ás 12:30 (entradas 2 e 3 euros).
Prado de Curtis. María Antonia Dans.
(Preme aquí para ver máis obras da pintora)

22 may 2012

PREPARÁNDONOS PARA A ESO

No seguinte cartel atoparás información de interese para a seguinte etapa que estás a piques de comezar.

17 may 2012

17 MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Valentín Paz Andrade (elcorreogallego.com)
Hoxe, 17 de maio, coma todos os anos desde  adíacase o día ás LETRAS GALEGAS. Neste caso o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade. Podedes obter máis inforamación sobre el, actividades, xogos, enlaces de interese, ... no blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Centro (édlingua) ou na páxina da Coordinadora de ENDL.


CON OLLOS DE NENO/A

Estupendo libro que recolle as magníficas viñetas de Francesco Tonucci que invitan a reflexionar e a ver  a escola con ollos de neno/a.

15 may 2012

DÍA DO MUSEO

O próximo venres día 18 celébrase o día do museo polo que se pode visitar calquera de balde. Na páxina do Sistema Galego de Museos ( MUGA) podedes atopar información de todos os museos de Galicia
.S/T (cuadro)
Figura humana. Luis Seoane. 1959. Museo Belas Artes (A Coruña)

11 may 2012

QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA

Esta  fin de semana, ademais de pedir a vosa colaboración nas actividades que propuxemos ao alumnado relacinadas coa familia, querémosvos ofrecer unha guía de novidades de libros en galego elaborada pola Consellería de Cultura (Libros infantís e xuvenís de Galicia 2012) e un recompilatorio de música infantil en galego realizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización de  Dinamización Lingüística, onde podederedes atopar libros e cancións en galego cos que celebrar o próximo Día das  Letras Galegas.
Como exemplo, neste vídeo únese literatura e música na canción baseada na historia de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

MAIO - MES DA FAMILIA

Este martes tivemos un moi bo comezo das actividades nas as familias están colaborando. O luns, a nai e a tía de Horacio (5º Nivel de EI do CEIP de Teixeiro) estiveron ensinando a todo o alumnado e o profeseorado de educación infantil como facer napolitanas, croissants e palmeiras.
QUE SABOROSAS QUE ESTABAN!!! Moitas grazas pola súa colaboración.


7 may 2012

PRÁCTICAS ONLINE

Interesante páxina para realizar prácticas ou pequenas probas sobre diversos temas matemáticos, ciencias, xeografía, inglés, español, ... Pódese graduar o nivel de dificultade, seleccionar tempo, ...

6 may 2012

APRENDER A DEFENDERSE

Nalgunha ocasión, desde as familias dáselle a consigna aos rapaces e rapazas de "Non pegues, pero se che dan ...". Relacionado coas habilidades sociais que traballaremos durante este mes na escola, convén que desde a casa tamén se reforce a utilización de estratexias axeitadas para defender as súas ideas, as súas opinións e os seus dereitos.
Accedede á reflexión dunha nai sobre este tema no su blog.

O baño (boceto) . Joaquín Soroya. 1989

HABILIDADES SOCIAIS

Durante este mes continaremos reforzando a mellora da autoestima do alumnado, procurando que adquiran as habilidades sociais necesarias para defender a propia opinión e respectar as ideas alleas.Estes son os carteis motivadores en galego e en inglés.Cartel defender opinóns

View more presentations from docurtis.

ACTIVIDADES TITORÍA MAIO

Proposta de actividades de titoría para este mes.
A persistencia da memoria (detalle).Dalí. 1931

TIC NA AULA


Arte contemporánea dixital. Ángel Estévez.


Nesta páxina podemos acceder a máis de 10.000 enlaces web que facilitan o uso das TIC na aula. Os recursos están clasificados por etapas, niveis e áreas.
Ademais, tamén están recollidas probas da avaliación diagnóstica de cursos pasados.

3 may 2012

QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA



Esta fin de semana recomendamos acudir o sábado ao Parque de Santa Margarita da Coruña, onde se celebrará o XVII Día da Ciencia na Rúa desde as 11 da mañá ata as 7 da  tarde. Infórmate de todas as actividades e participantes premendo na imaxe.

Ademais conincidindo con esta data, os museos científicos  (DOMUS, CASA DAS CIENCIAS, ACUARIO), o MUNCYT (inaugurado hoxe venres) e o MUSEO ARQUEOLÓXICO terán unha xornada de porta abertas, polo que a entrada será de balde. Teredes autobuses que irán percorrendo a cidade e parando nos lugares relacionados con esta festa da ciencia.