Cabina do Boeing 747 que trouxo o Guernica de Picasso a España. Adquirido en 2009. |
31 may 2012
O MUNCYT ABRE AS SÚAS PORTAS
Mañá 1 de xuño abre oficialmente as súas portas o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (Muncyt). Para celebrarlo, a entrada ao museo durante o mes de xuño será de balde. O horario de apertura será de martes a venres de 10.00 a 17.00 horas, e os sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 15.00 horas.
FESTA VOZ NATURA
Máis información premendo a imaxe.
29 may 2012
REMATAMOS!!!
A partir da proposta do equipo de dinamización da convivencia e despois de dous cursos colaborando entre todo o profesorado e o alumnado do CEIP de Curtis, xa temos o túnel decorado coas nosos debuxos. Non parece o mesmo!! Grazas a todos e todas !!
28 may 2012
MAIO - MES DAS FAMILIAS
Comezamos a semana pasada cunha actividade de pintura que preparou a nai de Aitor de 5 anos. Resultaron ser uns debuxos máxicos. QUE BONITOS QUEDARON!!
E rematamos o venres coa nai de Antía de 3 anos que é monitora de tempo libre. Organizounos uns xogos moi divertidos e ensinounos unhas cancións preciosas. QUE BEN O PASAMOS!!.
Moitas grazas ás dúas.
E rematamos o venres coa nai de Antía de 3 anos que é monitora de tempo libre. Organizounos uns xogos moi divertidos e ensinounos unhas cancións preciosas. QUE BEN O PASAMOS!!.
Moitas grazas ás dúas.
26 may 2012
CONFERENCIA EMILIO CALATAYUD
Hoxe asistimos en Bergondo a unha magnifica conferencia do coñecido xuíz de menores andaluz Emilio Calatayud. Nela relatou a súa visión da problemática familiar, social, ... cos menores e expuxo as sancións que utiliza habitualmente no seu xulgado.
Para os que non puideron asistir deixamos este vídeo doutra conferencia realizada en Andalucía.
Moi interesante o decálogo para formar un delincuente.
Para os que non puideron asistir deixamos este vídeo doutra conferencia realizada en Andalucía.
25 may 2012
24 may 2012
QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA
- As actividades de LUCUS CULTURAL que comezan este sábado para quentar motores para o ARDE LUCUS.
- O concerto en familia do Festival Mozart da Coruña: Romeo e Xulieta. Sábado 26 no Pazo da Ópera ás 12:30 (entradas 2 e 3 euros).
Prado de Curtis. María Antonia Dans. (Preme aquí para ver máis obras da pintora) |
22 may 2012
PREPARÁNDONOS PARA A ESO
No seguinte cartel atoparás información de interese para a seguinte etapa que estás a piques de comezar.
17 may 2012
17 MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Valentín Paz Andrade (elcorreogallego.com) |
CON OLLOS DE NENO/A
15 may 2012
DÍA DO MUSEO
11 may 2012
QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA
Esta fin de semana, ademais de pedir a vosa colaboración nas actividades que propuxemos ao alumnado relacinadas coa familia, querémosvos ofrecer unha guía de novidades de libros en galego elaborada pola Consellería de Cultura (Libros infantís e xuvenís de Galicia 2012) e un recompilatorio de música infantil en galego realizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización de Dinamización Lingüística, onde podederedes atopar libros e cancións en galego cos que celebrar o próximo Día das Letras Galegas.
Como exemplo, neste vídeo únese literatura e música na canción baseada na historia de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
Como exemplo, neste vídeo únese literatura e música na canción baseada na historia de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
MAIO - MES DA FAMILIA
Este martes tivemos un moi bo comezo das actividades nas as familias están colaborando. O luns, a nai e a tía de Horacio (5º Nivel de EI do CEIP de Teixeiro) estiveron ensinando a todo o alumnado e o profeseorado de educación infantil como facer napolitanas, croissants e palmeiras.
QUE SABOROSAS QUE ESTABAN!!! Moitas grazas pola súa colaboración.
QUE SABOROSAS QUE ESTABAN!!! Moitas grazas pola súa colaboración.
7 may 2012
PRÁCTICAS ONLINE
6 may 2012
APRENDER A DEFENDERSE
Nalgunha ocasión, desde as familias dáselle a consigna aos rapaces e rapazas de "Non pegues, pero se che dan ...". Relacionado coas habilidades sociais que traballaremos durante este mes na escola, convén que desde a casa tamén se reforce a utilización de estratexias axeitadas para defender as súas ideas, as súas opinións e os seus dereitos.
HABILIDADES SOCIAIS
Durante este mes continaremos reforzando a mellora da autoestima do alumnado, procurando que adquiran as habilidades sociais necesarias para defender a propia opinión e respectar as ideas alleas.Estes son os carteis motivadores en galego e en inglés.Cartel defender opinóns
View more presentations from docurtis.
TIC NA AULA
Arte contemporánea dixital. Ángel Estévez. |
Nesta páxina podemos acceder a máis de 10.000 enlaces web que facilitan o uso das TIC na aula. Os recursos están clasificados por etapas, niveis e áreas.
Ademais, tamén están recollidas probas da avaliación diagnóstica de cursos pasados.
3 may 2012
QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA
Esta fin de semana recomendamos acudir o sábado ao Parque de Santa Margarita da Coruña, onde se celebrará o XVII Día da Ciencia na Rúa desde as 11 da mañá ata as 7 da tarde. Infórmate de todas as actividades e participantes premendo na imaxe.
Ademais conincidindo con esta data, os museos científicos (DOMUS, CASA DAS CIENCIAS, ACUARIO), o MUNCYT (inaugurado hoxe venres) e o MUSEO ARQUEOLÓXICO terán unha xornada de porta abertas, polo que a entrada será de balde. Teredes autobuses que irán percorrendo a cidade e parando nos lugares relacionados con esta festa da ciencia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)