Máis pautas interesantes para a realización de traballos monográficos, elaboradas pola orientadora Ana T. Jack na Guía de orientación educativa.
30 abr 2012
4 IDEAS PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN ORAL
Exposición oral
View more presentations from docurtis.
Para imprimir
Máis información (Guia orientación educativa - Ana T Jack)
Para imprimir
Máis información (Guia orientación educativa - Ana T Jack)
28 abr 2012
QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA
Esta fin de semana recomendamos ... LUGO, porque o sábado día 28 comeza a I Edición Guecho Skate Battle Lugo 2012 e o domingo 29 a IX Semana Internacional Maxia en Lugo coa Gala Inaugural "LUGOMÁXICO 2012", pero o martes 1 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire do Parque da Milagrosa ás 18:00 terá lugar a Gala Infantil: Ludus.
De camiño podes pasar pola Sala de Exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra para gozar da Exposición colectiva en favor da Sociedade Protectora de Animais de Lugo na que colaboran 39 artistas plásticos e, como non, dar un paseo pola muralla romana de Lugo, Patrimonio da Humanidade desde o ano 2000.
Máis información sobre a axenda cultural da cidade premendo na imaxe.
Máis información sobre a axenda cultural da cidade premendo na imaxe.
27 abr 2012
DEBERES ¿SI OU NON?
Una familia. Fernando Botero. 1989 |
Os deberes é un tema de debate de sempre, que actualmente volve a ser titular en moitos xornais pola controversia creada en Francia. Neste artículo, Jesús Jarque expón a súa opinión sobre o tema.
Son tamén interesantes as orientacións para o estudo na casa que dá o mesmo autor no seu blog.
26 abr 2012
IMAXINARTE XOGOS
Accede á páxina de xogos da revista Muy interesante: sudokus, encrucillados, pasatempos, dados, ... que axudarán a que mellores a atención, a memoria, a linguaxe, o cálculo, ...
Cadrados con círculos concéntricos. Kandinsky. 1913. |
PÁXINAS EDUCATIVAS
Paisaxe de Ceret. 1913. Juan Gris |
Accede premendo na imaxe.
25 abr 2012
NON SEI QUE FACER!!!
Mafalda. Quino. |
Sobre este e outros aspectos a "Supernanny" da bos consellos nos seus vídeos. Moi recomendable tamén o titulado "non se convence a un neno falando, senón con consecuencias".
22 abr 2012
9 MANEIRAS DE ODIAR A LECTURA
Folleto ás familias elaborado polo Departamento a partir dunha reportaxe en Cadernos de Literatura Infantil e Xuvenil. Nov 2005.
View more presentations from docurtis.
21 abr 2012
19 abr 2012
QUE FACER ESTA FIN DE SEMANA
Esta fin de semana, ademais de poder aproveitala para pensar nalgunha actividade para participar no centro no mes das familias e sacar algunha fotografía para a exposición: ler para convivir, convivir para ler, enviámosvos tres propostas de Teatro.
PACAMA
PACAMA é unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono.
Dirección: Omar Alvarez y Kevin Stewart
Público: nen@s de 1 a 5 anos
Duración: 40 minutos
Funcións: sábado 21 ás 19.00 h.; domingo 22 ás 12.30 e 19.00 h.
Entradas: 5’00 €
|
Hai algún tempo que este cestiño vai polo mundo adiante. Antes, levou peixe para un pescador, e despois fartouse de ir de feira en feira, dunha man a un ombreiro, dun ombreiro a unha cabeza.
Isto, e moitas outras cousas, me contou este cestiño cando nos atopamos por primeira vez.
Contos modernos, lendas, clásicos..., segundo o que saia do cesto.
RAQUEL QUEIZÁS
Dirección: Raquel Queizás
Público: nen@s a partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Función: 19.00 h.
Entradas: 4.00 € (abono 3 familiar, 10.00 €
STORYROOM
de Joshua Mc Carey
Benvidos ao StoryRoom! Un cuarto ao que estarás sempre invitado para escoitar contos dramatizados en inglés para toda a familia.
Dirección: Joshua Mc Carey
Público: niñ@s a partir de 5 años
Duración: 40 minutos
Función: 17.00 hrs.
Entradas: 5’00 €
CONTOS COEDUCATIVOS
Contos elaborados polo alumnado de 3º de EP do CEIPde Curtis. A próxima semana, coincidindo coa conmemoriación o día 23 do Día do libro, contaranos aos compañeiros e compañeiras doutros ciclos.
18 abr 2012
CONTOS COEDUCATIVOS
Contos elaborados polo alumnado de 3º EP do CEIP de Teixeiro.
CONTOS COEDUCATIVOS
Estes son os contos versionados e elaborados polo alumnado de 4º de EP do CEIP de Teixeiro dentro das actividades prpostas no Día da Muller.
17 abr 2012
HABILIDADES SOCIAIS
É importante que os nenos e as nenas adquiran e mellorn as súas habilidades sociais. Neste mes imos reforzar a mellora da autoestima facilitando a emisión de autoafirmacións positivas.Estes son os carteis motivadores en galego e en inglés.Desde a familia tamén podemos mellorar a autoestima dos nosos fillos e fillas. Preme para obter máis información.
View more presentations from docurtis.
CONTOS COEDUCATIVOS
Estes son os contos versionados e elaborados polos nenos e nenas de 4º de EP do CEIP de Curtis o mes pasado dentro das actividades propostas para o Día da Muller. Tresporquiñas
View more presentations from docurtis.
MAIO - MES DAS FAMILIAS
Animámosvos a participar. Facédenos chegar a folla que enviamos cuberta ou comunicádeo ao enderezo electrónico do departamento para poder organizar as visitas o mellor posible.
Esperámosvos!
Tangram
Xogo de atención que serve para promover o desenvolvemento de capacidades psicomotrices e intelectuais nos nenos e nenas.
ORIENTACIÓN EDUCATIVA
Guía sobre orientación educativa para profesorado e familias elaborada pola psicóloga e orientadora Ana Torres Jack e publicada pola Voz de Galicia no seu programa Prensa-Escola.
Open publication - Free publishing
MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
Quen dixo que as matemáticas eran aburridas?
Descubre moitas maneiras divertidas de aprender coas matemáticas.
16 abr 2012
15 abr 2012
ESCOLA NAIS E PAIS
A encargada de dar a charla será a psicóloga e educadora familiar do Concello de Curtis, Loreto Taboada, que estivo impartindo no trimestre pasado un obradoiro ao alumnado do terceiro ciclo sobre o mesmo tema.
As datas e horarios serán:
CEIP DE CURTIS - Martes 17 de abril ás 10:15 horas.
CEIP DE TEIXEIRO - Venres 20 de abril ás 10:00 horas.
Esperamos contar coa vosa presenza.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)