O importante non é chegar, é o camiño. Grazas por ter compartido unha parte del. Xusto. |
Desexaría agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa, comezando por todos os rapaces e rapazas que durante estes anos pasaron polos nosos colexios, e, como non, polas súas familias.
Pero especialmente a todos os meus compañeiros e compañeiras nos que atopei sempre un gran respecto e axuda en todo momento. Con moitos, despois de tanto tempo, xa se forxou unha boa amizade.
Unha aperta moi forte e ata sempre.